Novidades
Conferencia impartida o 11 de xaneiro de 2021 por María Jesús Lamas, Directora da Axencia Española do Medicamento. Respostas a preguntas frecuentes relacionadas coa seguridade de vacinas fronte á COVID-19 (AEMPS) Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) Farmacovixilancia de vacinas (AEMPS)
Acto realizado o 18 de decembro de 2020, presentado por Xosé Ramón Pousa, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago, e no que participaron Paco Díaz, autor do proxecto; Margarita Ledo Andión, autora de Isaac, un mundo de cousas na cabeza; Ramón Villares, autor de Construír un futuro con memoria; Olivia Rodríguez González, profesora […]
Conferencia impartida o 14 de decembro de 2020 por Miguel Taín Guzmán, profesor de Historia da Arte na USC.
Conferencia impartida o 30 de novembro de 2020 por D. Juan Casares, primeiro Director do Centro de Supercomputación de Galicia. Proxección
Presentación da edición facsimilar do libro «Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro», realizada o 27 de outubro de 2020 coa participación de Xosé Díaz, deseñador e prologuista da obra; Xerardo Estévez, Arquitecto; Milagros Castro Sánchez, membro da Deputación da Coruña; e Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de […]
Conferencia impartida o 19 de outubro de 2020 por Antón Losada, Profesor Titular de Ciencia Política da USC e comentarista político.
Conferencia inaugural do Festival Ateneo Barroco 2020, patrocinado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e a colaboración da Universidade de Santiago e o Concello de Santiago, impartida o 5 de outubro de 2020 pola musicóloga Teresa Adrán, Licenciada en Historia e Ciencias da Música.
Mesa redonda realizada o 9 de marzo de 2020, moderada pola Vicerreitora da USC Mar Lorenzo, e na que participaron Mabel Loza, Catedrática de Farmacoloxía; Carme Pampín, Doutora en Química Orgánica; e Eva López Barrio, Coordinadora do Programa Woman Emprende.
Conferencia impartida o 2 de marzo de 2020 por Adolfo Sotelo, Catedrático de Literatura Española da Universidade de Barcelona.