Segundo acordo da Xunta Directiva do 6/11/2017, o xoves 21 de Decembro o Ateneo de Santiago celebrará a Asemblea Xeral extraordinaria de socios, que terá lugar en primeira convocatoria ás 19.00 horas e en segunda convocatoria ás 20.00 horas na rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
Punto único. Aprobación, se procede, dos proxectos de orzamentos ordinario e extraordinario para o ano 2.018.
Lembramos a todos os socios que, ordinariamente, a Asemblea se reúne en segunda convocatoria.
Ao rematar, sobre as 20.30h, terá lugar un viño de Nadal na cafetería Airas Nunes.
comment closed