Segundo o acordo da Xunta Electoral do pasado 5 de abril, convócase Asemblea Xeral extraordinaria de socios do Ateneo de Santiago para a elección da nova Xunta Directiva para o luns, día 23 de abril do presente ano, en primeira convocatoria ás 17.30 horas e en segunda convocatoria ás 18.30 horas na Rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
- Constitución da Mesa Electoral, conformada polos membros da Xunta electoral elixidos na Asemblea Xeral ordinaria e asistidos pola Secretaría Administrativa do Ateneo: Roberto Almuíña Díaz, Filomena Casal Gómez e María Isabel Veiguela Martínez.
- Votación ata as 19.30h.
- Escrutinio.
- Nomeamento e toma de posesión da nova Xunta Directiva.
Lembramos a todos os socios que, ordinariamente, as Asembleas se reúnen en segunda convocatoria e que, conforme o segundo apartado do artigo 4º, “antes de depositar a papeleta os electores deberán acreditar a súa identidade a través do DNI ou documento equivalente”.
comment closed