O pasado día 16 de outubro reuníronse varios membros da Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente. Varios dos ausentes indicaran previamente que non poderían asistir.
Comezouse comentando as dúas conferencias organizadas pola Sección correspondentes ao ciclo conmemorativo do décimo aniversario do Ateneo. Todos estaban contentos do resultado en canto a asistentes e contidos das dúas conferencias.
A continuación comentouse un mail remitido por un ateneísta recente coa proposta de celebración dun ciclo. Tómase en consideración a proposta, aprazándoa para debatela no proxecto de actividades do seguinte trimestre.
Para o próximo trimestre (xaneiro-abril 2019), acordouse a celebración dunha conferencia, para a cal o Prof. Díaz-Fierros indicou que se encargará el mesmo de contactar con un conferenciante apropiado.
Tamén se comentou a oportunidade doutra conferencia, para a cal o Prof. Manuel Freire realizará os primeiros contactos e manterá informada á Sección para iniciar os trámites necesarios.
comment closed