Mércores, 20 de marzo: Asemblea ordinaria de socios do Ateneo de Santiago
Segundo acordo da Xunta Directiva do 4/2/2018, o mércores, día 20 de marzo, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios do Ateneo de Santiago, que se celebrará en primeira convocatoria ás 19.00 horas e en segunda convocatoria ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
- Lectura e aprobación das Actas anteriores.
- Informe do Presidente.
- Debate e aprobación, no seu caso, da Conta de Resultados do exercicio 2.018 e do Estado de Situación Patrimonial a 31/12/2018.
- Aumento do Fondo social e creación dun Fondo de previsión de riscos.
- Nomeamento de interventores para o ano 2.019.
- O problema do local nos Luns do Ateneo: análise e valoración da problemática.
- Outros asuntos.
Lembramos a todos os socios que, ordinariamente as Asembleas se reúnen en segunda convocatoria.
comment closed