Luns, 23 de setembro: Asemblea extraordinaria de socios do Ateneo de Santiago
Segundo acordo da Xunta Directiva do 25/6/2019, o luns 23 de setembro o Ateneo de Santiago celebrará unha Asemblea Xeral extraordinaria de socios, que terá lugar en primeira convocatoria ás 19.00 horas e en segunda convocatoria ás 20.00 horas na súa sede da Praza de Salvador Parga, 4-2º.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
- Aprobación, no seu caso, da adhesión á Federación de Ateneos de Galicia.
- Aprobación, no seu caso, do proxecto de Estatutos da Federación de Ateneos de Galicia.
- Aprobación, no seu caso, da modificación do Presuposto ordinario.
- Aprobación, no seu caso, do Presuposto extraordinario para o Festival Ateneo Barroco.
Lembramos a todos os socios que, ordinariamente, a Asemblea se reúne en segunda convocatoria.
comment closed