O mércores, 15 de abril, ás 19.00 horas terá lugar unha nova sesión das clases de meditación no Salón de Actos «Isaac Díaz Pardo» do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º).
Este ano continuarase coa instrución de meditación pero tamén se van ler os libros El corazón de las enseñanzas de Buda de Thich Naht Hahn e La Biografía del Silencio de Pablo D’Ors, os cales deberán ser adquiridos por cada participante.
O obxectivo destas clases é calmar a mente e reducir o estrés enfocando a mente na respiración e utilizando o movemento, o son e outras modalidades. A ateneísta Zinnia Maravell ensinará varios métodos para tranquilizar os pensamentos: movemento contemplativo, canto, concienciación do corpo e meditación sentada. Cando a mente non está ocupada con desacougos do pasado ou con ansiedades polo futuro non hai sufrimento nin estrés. Unha mente tranquila permite ver as situacións con máis claridade e resolver problemas facilmente.
Esta actividade é gratuíta e exclusiva para os socios do Ateneo. Todo aquel que desexe participar deberá solicitalo previamente no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com. A inscrición manterase aberta ata o remate da actividade no mes de xuño.
comment closed