Martes, 17 de decembro: Convocatoria de Asemblea
Segundo acordo da Xunta Directiva do 18/11/2019, convócase a Asemblea Xeral extraordinaria de socios do Ateneo de Santiago para o martes, día 17 de Decembro do presente ano, en primeira convocatoria ás 18.30 horas e en segunda convocatoria ás 19.30 horas na rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
Punto único. Aprobación, se procede, do Presuposto ordinario e do Presuposto do Ateneo Barroco para 2.020.
Lembrámosche que, ordinariamente, as Asembleas se reúnen en segunda convocatoria.

comment closed