O próximo xoves, 16 de xaneiro, ás 19.30h , na Rúa do Vilar, 19, o Ateneo de Santiago organiza a presentación do libro Caldabora en terras de Valcerde, de Xesús Rábade Paredes, 1º Premio de Poesía do Concello de Cospeito. No acto intervirán o autor Xesús Rábade Paredes, o ateneísta Ramón Neira Torviso e o editor Henrique Alvarellos.
Na histórica e esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo) resistiu até a morte Costanza de Catro, filla do mariscal Pedro Pardo de Cela. Sobre este feito o autor Xesús Rábade Paredes recrea a lenda histórica na súa obra Caldabora en terras de Valverde, facendolle gañar o 1º premio do certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o concello de Cospeito.
Xesús Rábade, nado en Seixas (Cospeito, Lugo) en 1949 é un escritor galego que estivo durante os anos 60 afincado en Suíza, aínda que posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria. Cultiva o ensaio, a poesía e a narrativa e comezou a súa carreira literaria na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Publicou tamén traducións e obras colectivas, moitas delas coa súa muller Helena Villar Janeiro.
comment closed