Os martes, 19 de maio e 7 de xuño, ás 17.30h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura do Ateneo de Santiago a través da plataforma Skype, na que se analizará a obra «La edad de la luz» de Whitney Scharer.
Modelo de portada, musa de Man Ray e reporteira gráfica durante a segunda guerra mundial, Lee Miller foi unha artista case descoñecida polo público non iniciado. Nesta novela íntima e vibrante, Whitney Scharer recorre as múltiples facetas da vida desta fotógrafa extraordinaria para outorgarlle o merecido recoñecemento que a súa época lle negou. Ademais dunha viaxe polas súas fotografías máis emblemáticas, a obra persorre o París bohemio, cos seus lexendarios cafés, os seus cabarets cargados de fume e as súas festas surrealistas.
Whitney Scharer licenciouse en Literatura Inglesa pola Universidade Wesleyana, conta coun máster en escritura creativa da Universidade de Washington e imparte obradoiros desa materia na área metropolitana de Boston. Os seus relatos teñen aparecido en numerosas revistas, entre as que destacan New Flash Fiction Review, Cimarron Review e Bellevue Literary Review. Con La edad de la luz, a súa primeira novela, traducida a máis dunha ducia de idiomas, conseguiu o recoñecemento unánime da crítica.
comment closed