Segundo acordo da Xunta Directiva do 24/4/2020, o luns, día 15 de Xuño, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios do Ateneo de Santiago, que se celebrará en primeira convocatoria ás 18.00 horas e en segunda convocatoria ás 19.00 horas.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
- Lectura e aprobación das Actas anteriores.
- Información sobre a situación sanitaria e actividades do Ateneo.
- Aprobación, no seu caso, da Memoria, Balance e Conta de Resultados do exercicio 2.019
- Aprobación, no seu caso, da Liquidación de ingresos e gastos do Ateneo Barroco 2019.
- Proposta de aumento do Fondo Social e do Fondo de Previsión de Riscos.
- Nomeamento de interventores para o ano 2.020.
- Rogos e preguntas.
Dada a situación producida pola crise do coronavirus, a Xunta Directiva do Ateneo de Santiago acordou que a mesma sexa realizada de forma telemática a través da plataforma Zoom dende a sede social do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º de Santiago de Compostela) e que o voto dos diferentes puntos da Orde do día se poidan facer por correo electrónico ou postal, así como mediante delegación de voto, deica 48 horas antes da celebración da devandita Asemblea no documento de voto achegado coa convocatoria.
A documentación da Asemblea pode consultarse ata o 15 de xuño no seguinte enlace:
comment closed