No día de onte, 16 de xuño, tivo lugar a última sesión do club de lectura do Ateneo de Santiago, realizada de forma presencial no Salón de actos con todas as medidas sanitarias para garantir a seguridade necesaria nestes momentos.
Na sesión, ademais de comentar a obra Génie la loca de Inès Cagnati, fíxose unha reflexión final de toda a programación do curso, centrada nas temáticas «Narra túa propia aldea coma se for universal» e «Estrañas parellas».
As/os participantes nesta derradeira clase quedaron moi satisfeitos de poder realizala no local social e despedíronse ata o vindeiro mes de outubro, cando se reanudará o curso cunha nova programación, desexándose un bo verán e agardando poder regresar de forma presencial.
comment closed