Conferencia » O pardal, un veciño en apuros» por Laura Iglesias e Antonio Ferreirós:
Data: xoves, 2 de xullo
Hora: 19.30h.
Lugar: sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso, 30).
Dous naturalistas e apaixoados pola ornitoloxía, falarán das peculiaridades destas aves urbanas e achegarán a difícil situación á que se enfrontan, que está levando á súa desaparición das nosas cidades.
MOI IMPORTANTE:
AFORO MÁXIMO PERMITIDO: 42 persoas,
Imprescindible o uso de máscara.
Esta conferencia organizada pola SGHN para o pasado día 20 marzo para celebrar o «Día Mundial do gorrión», foi unha das actividades aprazadas por mor da situación creada pola COVID – 19.
comment closed