Día 13 de xullo de 2020, luns, ás 18 horas. Práctica do «Curso de fotografía», para socios, a exposición «DIARIO DE ARTISTA, BUCIÑOS», no Centro Cultural Marcos Valcarcel.
Día 14 de xullo de 20202, martes, ás 11:30 horas. Reunión- Videoconferencia: «Arbolado Urbano» por Asociación Sustinea, Sociedade Galega de Historia Natural e Ateneo de Ourense. Na sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso 30).
Día 15 de xullo de 2020, mércores, de 19:30 a 21:30 horas. A Asocición Sustinea, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural e o Ateneo de Ourense; organiza a primeira Ruta #SonÁrbore!!! Está deseñada para ser un espazo de reflexión en movimento, coa intención de compartir coñecementos e ideas sobre a xestión do arboredo urbano e as distintas tipoloxías de espazos verdes da cidade de Ourense.
Nivel de dificuldade: baixo
Obrigatorio levar máscara hixiénica e teléfono móbil
Número máximo de participantes: 10
Punto de encontro: Rúa Villaamil y Castro, 1, 32004 Ourense. Enfronte da cafetería Pasarela
Inscrición obrigatoria en sonarbore@gmail.com
comment closed