Como consecuencia das restricións sanitarias publicadas nos últimos días, a partir do día 28 de outubro as clases de meditación pasarán a desenvolverse todas de forma telemática a través de Zoom ata novo aviso.
O horario continuará sendo de 19h a 20h nas seguintes datas:
- Outubro: 28
- Novembro: 4, 11, 18 e 25
- Decembro: 2, 9 e 16
- Xaneiro: 13, 20 e 27
- Febreiro: 3, 10 e 24
- Marzo: 3, 10, 17 e 24
- Abril: 7, 14, 21 e 28
- Maio: 5, 12, 19 e 26
- Xuño: 2, 9 e 16.
Este ano as clases seguirán o libro Los 4 Fundamentos del Mindfulness de Bhante Henepola Gunaratana (Editorial Kairo), o cal deberá ser adquirido por cada participante.
O obxectivo destas clases é calmar a mente e reducir o estrés enfocando a mente na respiración e utilizando o movemento, o son e outras modalidades. A ateneísta Zinnia Maravell ensinará varios métodos para tranquilizar os pensamentos: movemento contemplativo, canto, concienciación do corpo e meditación sentada. Cando a mente non está ocupada con desacougos do pasado ou con ansiedades polo futuro non hai sufrimento nin estrés. Unha mente tranquila permite ver as situacións con máis claridade e resolver problemas facilmente.
PROTOCOLO SANITARIO (de obrigado cumprimento)
comment closed