Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Exposición "Galicia, de Nós a nós" no Gaiás
    • Exposición “Concepción Arenal. A conciencia da razón”
    • Mércores, 25 de novembro: Maratón de lectura da Fundación Granell
    • Sábado, 10 de outubro: Presentación do libro "Federico García Lorca en Santiago de Compostela"
    • Isaac Díaz Pardo, el intelectual que diseñó y recuperó la memoria histórica en Galicia
Mércores, 25 de novembro: Maratón de lectura da Fundación Granell
19 Nov, 2020 | 08:56 PM | Colaboracións

Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura que, este ano, marcado pola pandemia, cambia a súa data tradicional do mes de maio ao mércores 25 de novembro, coincidindo así coa semana de celebración do aniversario de Eugenio Granell.

A Fundación Eugenio Granell dedica este Maratón a Ricardo Carvalho Calero, dada a súa vinculación coa figura de Eugenio Granell, sumándose así á conmemoración do Día das Letras Galegas. E contando, nesta ocasión, coa inestimable colaboración da Real Academia Galega.

Eugenio Granell no seu libro Memorias de Compostela «visión orlada por estrellas, islas, árboles y antorchas», relata como coñeceu a Carvalho Calero e o capítulo titulado «Amistades» comeza cun pequeno texto dedicado a el, di Granell: «De Carballo Calero no recuerdo el nombre, pero no se me borró el prestigio de su estampa. Me asombraba su dominio de un horizonte cultural que me imaginaba inabarcable».

Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado. Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org, indicando a hora á que lles gustaría intervir.

Dadas as circunstancias que estamos a vivir por mor da Covid 19, seguiremos as instrucións sanitarias vixentes nese momento para a celebración presencial da actividade e, como novidade, abrimos a convocatoria para
participar telemáticamente. Poderanse enviar as lecturas nun audio ou vídeo ao e-mail: secretaria@fundaciongranell.org. A duración dos mesmos terá que ser de dous minutos (o vídeo non poderá exceder os 50MG) e deberán vir acompañados dun consentimento para o seu uso público, que empregaremos sempre co obxectivo de difusión e promoción desta actividade. O prazo para a presentación deste material comezaría o 19 de novembro e finalizaría o día de celebración do maratón, o mércores 25 de novembro.

Consentimento

Consentimento – tutores

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.