O venres, 18 de decembro, ás 20.00h, terá lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago (Facultade de Xeografía e Historia) a presentación do libro ENSAMBLEISAAC.
O acto estará conducido por Xosé Ramón Pousa, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago, e contará coa intervención de:
- Paco Díaz, autor do proxecto.
- Margarita Ledo Andión, autora de Isaac, un mundo de cousas na cabeza.
- Ramón Villares, autor de Construír un futuro con memoria.
- Olivia Rodríguez González, profesora da UDC, recitará poemas de Luz Pozo Garza.
- Lucila Ventoso, directora de Andavira Editora.
- Juan Durán, compositor e autor do arranxo musical Introdución a «Ensable Negra Sombra-Lela».
Para finalizar terá lugar un concerto interpretado polo barítono Gabriel Alonso, a violonchelista Alejandra Díaz e a pianista Eriko Ishimoto.
Debido ás restricións sanitarias, para asistir é obrigatoria preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.com e deberase cumprir co protocolo establecido.
comment closed