Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • As vacinas contra o covid, nas charlas do Ateneo
    • Debate sobre as vacinas do COVID no Ateneo
    • As vacinas da Covid, nos luns do Ateneo
    • Conmemoración do Día das Artes Galegas nos Luns do Ateneo
    • Conmemoración do Día das Artes Galegas nos Luns do Ateneo
Conmemoración do Día das Artes Galegas nos Luns do Ateneo
14 Dic, 2020 | 10:23 AM | Hemeroteca

O próximo luns, ‘Os Luns do Ateneo’ acollerán ao profesor da USC, Miguel Taín Guzmán, que impartirá unha conferencia titulada «Domingo de Andrade, mestre de obras da Catedral de Santiago de Compostela», con motivo do Día das Artes Galegas, que se conmemorou o pasado 1 de abril e que non puido celebrarse por mor da pandemia.

Debido ás restricións sanitarias vixentes, a esta conferencia só se poderá asistir, a partir das 20:00 horas, por medio da plataforma Zoom e da páxina web, así como das redes sociais do Ateneo, Youtube, Facebook e Twitter (@AteneoSantiago). O coloquio posterior, habitual nos actos da entidade, realizarase exclusivamente a través de Zoom.O Día das Artes Galegas é unha celebración que se leva a cabo dende o ano 2015, instituída pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Despois de seren homenaxeadas importantes figuras artísticas como o Mestre Mateo, Castelao, Maruxa Mallo ou Luís Seoane, este ano 2020 é a quenda de Domingo de Andrade, arquitecto galego de proxección universal, Aparellador Maior da Catedral de Santiago en 1676 e que foi nomeado mestre de obras desta. Unha das súas obras mestras é a Torre da Berenguela onde se atopa o reloxo da Catedral.

Miguel Taín Guzmán é investigador e profesor da USC e leva toda a vida estudando o patrimonio da cidade de Santiago. Comezou o doutoramento en Francia e, ao seu regreso a Galicia, empezou a traballar no Arquivo da Catedral, momento no que realizou, baseándose en toda a documentación que alí atopou, a súa tese de doutoramento sobre Domingo de Andrade, a cal lle levou 10 anos de investigación.

Ver en Galicia Diario

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.