Os martes, 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro, ás 17,45h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra Historia de las abejas de Maja Lunde.
Historia de las abejas é a novela revelación da literatura noruega. Unha historia épica na que se reflexiona sobre o ser humano e a súa relación coa natureza ao longo do tempo. A primeira historia, que se desenvolve en 1852, trata de como William, un naturalista, loita por desenvolver unha colmena que lle levará á fama e o respecto. A segunda historia, situada no ano 2007 conta como George, apicultor intenta que o seu fillo universitario continúe co negocio familiar. Finalmente, a última das historias, situada en 2098 na China, narra como Tao se dedica á polinización manual debido a que as abellas desapareceron.
Maja Lunde é unha escritora e guionista noruega, actualmente unha das máis relevantes do panaroma literario do seu país. Escribiu once libros infantís e xuvenís que se converteron en grandes éxitos de vendas, así como dúas novelas. «Historia de las abejas» é a súa primeira novela para adultos, foi publicada en 2015 e a día de hoxe atópase dispoñible en 35 países. Dita novela recibiu diversos premios, entre eles o premio dos libros noruegos, e foi o libro máis vendido en Alemaña en todos os xéneros. Tras esta, publicou «Azul», a segunda novela da súa «tetraloxía do clima», vendida en 20 países.
comment closed