O pasado luns 16 de decembro tivo lugar unha Asemblea extraordinaria de socios do Ateneo de Santiago, que se desenvolveu conforme a seguinte orde do día:
1. Proxecto de orzamento para o ano 2014.
2. Información sobre o novo local social.
3. Asuntos diversos.
No punto primeiro da orde do día aprobouse o orzamento para o ano 2014 por unanimidade dos presentes. Este orzamento, que ascende a un total de 32.000 €, baséase no mantemento do equilibrio, estando notoriamente influído pola ocupación do novo local social. Deste xeito, aparecen claramente diferenciadas as partidas destinadas aos gastos correntes das partidas para o equipamento e amoblamento do novo local social, así como, da mesma maneira, se poden distinguir os ingresos que se destinarán aos gastos ordinarios e os que terán como fin os investimentos necesarios para o local.
No segundo punto da orde do día informouse da próxima ocupación do local social, prevista para a segunda quincena do mes de xaneiro, polo que se tratará de amoblar na maior brevidade posible.
Por último, no apartado de asuntos diversos, informouse da situación actual da campaña de colocación da lápida mortuoria das Marías, a cal se agarda poder culminar nos próximos meses, así como da itinerancia da exposición “Compostela Única” na rede de centros socioculturais da cidade durante o ano 2014.
comment closed