O pasado martes 29 de abril tiveron lugar as Asembleas de Socios do Ateneo de Santiago.
En primeiro lugar levouse a cabo a Asemblea extraordinaria que tiña como único punto na orde do día o debate e aprobación, no seu caso, da proposta de modificación dos Estatutos. Neste sentido modificáronse 6 artigos coa finalidade de mellorar o funcionamento económico da Entidade, o que conlevou a remodelación dos 3 últimos artigos. Os cambios afectaron aos seguintes artigos:
– Artigo 5: modificouse o domicilio social do Ateneo.
– Artigo 10: inclúese o orzamento anual como un documento que a Xunta Directiva debe someter á aprobación da Asemblea.
– Introdúcese un novo artigo 29 relativo á elaboración do orzamento.
– O antigo artigo 29 pasa a ser o artigo 30, no cal se incorporan novos recursos económicos para o desenvolvemento das actividades da asociación.
– Inclúese un novo artigo 31 relativo ás contas anuais.
– Incorpórase un novo artigo 32 relativo ao tratamento dos fondos bancarios.
Esta modificación resultou aprobada por 29 votos a favor, 1 abstención e ningún voto en contra.
A continuación realizaouse a Asemblea ordinaria, que se desenvolveu conforme a seguinte orde do día
1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea anterior.
2. Informe do Presidente.
3. Aprobación do Estado de Situación Patrimonial a 31/12/2013 e da Conta de Resultados do exercicio 2.013.
4. Nomeamento de socios censores de contas para o ano 2.014.
5. Plan de comunicación e captación de socios.
6. Outros asuntos.
7. Rogos e preguntas.
No primeiro punto da orde do día aprobouse por unanimidade dos presentes a acta da Asemblea ordinaria do ano 2013, que xa fóra enviada a todos os socios xunto coa convocatoria da Asemblea.
A continuación, o Presidente procedeu á lectura do seu informe anual, no cal, tras dar conta aos presentes das actividades e das axudas e convenios de colaboración realizados durante este período, informou das novas perspectivas de futuro que se abren coa inauguración do local social, que permitirá a realización de novas actividades así como a ampliación da base social do Ateneo mediante a captación de novos asociados.
No punto terceiro, o Tesoureiro presentou as contas anuais, que xa foran enviadas a todos os socios xunto coa convocatoria, e deu lectura ao informe dos socios censores, resultando as mesmas aprobadas por unanimidade.
No relativo ao punto cuarto, resultan nomeados socios censores para o ano 2014 Jaime Romero e Juana Otero.
A seguir, o Vicepresidente presenta o plan de captación de socios e o Secretario informa dos investimentos que se teñen producido no novo local social así como do horario de apertura.
Por último, no turno de rogos e preguntas, un dos comisarios da exposición «Compostela Única» presenta o detalle dos ingresos e gastos producidos pola mesma entre os anos 2012 e 2014.
comment closed