Luns, 27 de abril: Asemblea extraordinaria para a elección da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago
Segundo o acordo da Xunta Electoral do pasado 8 de abril, convócase Asemblea Xeral extraordinaria de socios do Ateneo de Santiago para a elección da nova Xunta Directiva para o luns, día 27 de Abril do presente ano, en primeira convocatoria ás 18 horas e en segunda convocatoria ás 19 horas na Rúa do Vilar, 19.
A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:
- Constitución da Mesa Electoral, conformada polos membros da Xunta electoral elixidos na Asemblea Xeral ordinaria e asistidos pola Secretaría Administrativa do Ateneo: Rosario Pousa Llera, Juan José Casares Long e Pedro Antonio Fernández Fernández.
- Votación ata as 19.45h.
- Escrutinio.
- Nomeamento e toma de posesión da nova Xunta Directiva.
Lembramos a todos os socios que, ordinariamente, as Asembleas se reúnen en segunda convocatoria.
comment closed