Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
  • Publicacións relacionadas

    • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
    • Radio Ateneo Podcast
    • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
    • Radio Ateneo Podcast
    • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
Mércores, 16 de marzo: Faladoiro «Persoas en risco de exclusión social en Santiago»
9 Mar, 2016 | 11:38 AM | Eventos, Faladoiros de Actualidade

O mércores día 16 de marzo ás 20h celebrarase no Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º) un Faladoiro titulado “Persoas en risco de exclusión social en Santiago”, que contará coa presenza de Sor Esther Seoane, Directora da Cociña Económica, e José Antonio Beiroa, Director de Cáritas de Santiago.

Nas sociedades sempre existen colectivos de persoas que por un motivo ou outro, sofren risco de exclusión social. Trátase de aqueles que pola súa condición social son total ou parcialmente excluídos dunha participación plena na sociedade na que viven. A exclusión social prodúcese principalmente, mediante a privación económica (desemprego, ingresos insuficientes…), a privación social (marxinación social, non participación nas actividades sociais, deterioro da saúde…) e a privación política (non participación nas actividades políticas, escasa representatividade política, falta de participación nas decisións que lles afectan persoalmente…). Algúns dos colectivos considerados en risco de exclusión social son internos e ex reclusos, toxicómanos e alcólicos en proceso de rehabilitación, minorías étnicas, perceptores da renda mínima de inserción, vítimas de violencia doméstica, xóvenes de 18 a 30 anos que estiveran tutelados pola Administración, inmigrantes alleos á Unión Europea e emigrantes retornados con graves necesidades persoais e familiares.

cp1f03175401_187093

A Cociña Económica de Santiago é unha Institución Benéfica, que se creou no ano 1891 co obxectivo de favorecer e axudar á clase proletaria e indixente, proporcionándolle alimentación e dando educación e instrución a persoas que carecen dela.

Cáritas de Santiago é un organismo que dende 1955 serve á acción caritativa e social, axudando á promoción humana e ao desenvolvemento integral das persoas, grupos e comunidades. A tarefa de Cáritas consiste en acoller e acompañar ás persoas que se atopen en risco ou situación de exclusión social para que eles mesmos sexan os protagonistas do seu propio desenvolvemento integral, incluíndo a sensibilización social, para facer consciente á sociedade das distintas realidades de pobreza, a acción social, para axudar a que as persoas saian da realidade na que se atopan cara unha situación vital normalizada e a denuncia de situacións de inxustiza.

  • Add to Delicious
  • Share on FriendFeed
  • Digg
  • submit to reddit
  • Add to Mixx!

comment closed

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.