Este luns 27 de abril de 2.009 está convocada a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios do Ateneo de Santiago, que se celebrará en primeira convocatoria ás 19 horas e en segunda convocatoria ás 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, situada na Rúa do Vilar, 19.
No decurso da Asemblea, onde terá lugar a elección da nova Xunta Directiva e a presentación da páxina web, procederase segundo a seguinte Orde do día:
1. Aprobación da Acta da Asemblea anterior.
2. Informe do Presidente.
3. Aprobación do presuposto do ano 2.009.
4. Presentación da páxina web.
5. Elección da Xunta Directiva.
6. Propostas e suxerencias dos socios. Rogos e preguntas.
Aínda que nos Estatutos da Entidade non se recolle regulación algunha do proceso de elección da Xunta Directiva, a tenor do artigo 26.c), «Os socios de número e fundadores» «poden «ser electores e elixibles para os cargos directivos».