SÍNTESE DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO LUNS 12 DE DECEMBRO DE 2016
Na Asemblea extraordinaria de socios celebrada o pasado día 12 de decembro na Rúa do Vilar, 19, tratáronse os seguintes puntos e acadáronse os seguintes acordos:
- Aprobouse por unanimidade o orzamento para o ano 2017, de acordo coas contías e os diferentes apartados establecidos.
- Acordouse crear no mes de xaneiro unha comisión para a celebración do 10º aniversario do Ateneo, que presentará un proxecto de programación nos seguintes meses, o cal será sometido a debate e votación na próxima Asemblea ordinaria.
- Acordouse crear un Premio de Xornalismo Cívico e Comunicación Social que levará o nome de Alfredo Vicenti. Queda pendente de definir as bases.
comment closed