O ATENEO DE SANTIAGO é unha asociación sen ánimo de lucro constituída ao amparo da Lei Orgánica 1/ 2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.
O ATENEO DE SANTIAGO é xestionado e representado por unha Xunta Directiva, cun período de mandato de 3 anos. Dita Xunta é designada pola Asemblea Xeral, integrada por todos os asociados. As actividades do ATENEO DE SANTIAGO desenvolveranse na área de Compostela.
O ATENEO DE SANTIAGO réxese polos seus propios Estatutos, aprobados en Asemblea Xeral Extraordinaria o 11 de abril de 2008. En todo aquilo que non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/ 2002, de 22 de marzo.