Arrow
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Nova páxina web do Ateneo de Santiago
  • Radio Ateneo Podcast
  • Luns, 22 de febreiro: Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez
    • Ateneo
      • Xunta Directiva
      • Estatutos
      • Seccións
        • Compostela
        • Ciencia, Tec. e M.Ambiente
        • Sociedade da Información
        • Arte, Educación e Cultura
        • Sociedade Civil
    • Cultura na casa
    • Eventos
      • Os Luns do Ateneo
      • Faladoiros de Actualidade
      • Visitas guiadas
      • Club de lectura
      • Outras actividades
    • Biblioteca/Videoteca
      • Biblioteca
      • Videoteca
      • Normativa de préstamo
    • Vídeos
      • Os Luns do Ateneo
      • Outros vídeos
    • Fotografías
    • Novas
    • Hemeroteca
    • Reunións
      • Asembleas
      • Xunta Directiva
      • Seccións
    • Colaboracións
  • Faite Socio
  • Horario
  • Contacto
Seccións
 
COMPOSTELA

Coordinador: Pedro Antonio Fernández Fernández

Amosa a identificación do Ateneo coa historia e a vida cidadá. Os seus problemas, a súa cultura, os seus personaxes, a súa evolución urbanística e social e o seu futuro.


CIENCIA, TECNOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE

Coordinador: Emilio Valadé del Río

Na maioría das ocasións, cando se fala de cultura exclúese deste concepto a ciencia, malia ter sido e ser ésta unha construción humana capaz de cambiar o mundo. Existe hoxe, non obstante, unha preocupación social crecente pola educación científica dos cidadáns que se materializa non só nos contidos da educación formal en todos os niveis do ensino, senón tamén na divulgación científica rigorosa promovida por institucións públicas e privadas de diverso tipo.

Para un Ateneo do século XXI resulta inescusable contar cunha sección que promova actividades encamiñadas a divulgar o coñecemento científico, por constituír este unha ferramenta indispensable para a toma de decisións reflexivas nunha sociedade democrática, e por ser imprescindible para adaptarse a un mundo altamente tecnificado e cambiante.

Esta sección, pois, centrará as súas actividades arredor de cuestións tales como: fontes de enerxía, novos descubrimentos, cambio climático, ecoloxía, enerxías alternativas, xestión da auga e dos residuos, investigación e desenvolvemento, arqueoloxía industrial, historia da ciencia, etc. ; promoverá encontros onde se poidan expoñer distintas opinións sobre os devanditos temas dende o repecto á liberdade de pensamento expresada con rigor; organizará conferencias-coloquio sobre aqueles acontecementos de carácter científico que repercutan no estado de opinión xeral, e impulsará actividades conmemorativas de feitos que marcaron fitos no acontecer científico.

SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Coordinador: Xosé Ramón Pousa Estévez

A expresión Sociedade da Información ou Sociedade do Coñecemento popularizouse nos últimos tempos, debido fundamentalmente ao seu uso habitual nas iniciativas públicas e nos medios de comunicación. Relaciónase cun nivel de desenvolvemento do modelo económico e social cara ao que camiñamos, baseado na información e o coñecemento, no que as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xogan un papel clave. Sen embargo, as tecnoloxías por si mesmas non son suficientes para propiciar as transformacións a nivel económico e social, sendo precisos que conflúan outros factores relacionados con aspectos como a normativa, os cambios na organización e formas de traballo e sobre todo a capacitacións das persoas para utilizar de forma adecuada estas novas tecnoloxías.

Dende o Ateneo de Santiago consideramos importante estar atentos a este proceso histórico que estamos vivindo, coñecendo, debatendo e analizando as transformacións que nos veñen enriba, que poden ser unha oportunidade, pero que tamén comportan riscos. A Sociedade da Información e o Coñecemento engloba aspectos tan importantes como son a comunicación, a educación, a economía e tamén o ocio. Vectores que camiñan xuntos pola rede artellando unha sociedade global da que non podemos quedar á marxe.

ARTE, EDUCACIÓN E CULTURA

Coordinador: Euloxio Rodríguez Ruibal

Percíbese claramente a enorme amplitude de perspectivas ofrecida por esta Sección, sobre todo en tanto non se dea en producir a necesaria constitución da referida á Educación como sección diferenciada. Temos, entón, que o escenario correspondente ás nosas preocupacións por coñecer e cambiar pareceres pode chegar a abranguer unha dilatada temática que implique, dunha banda, múltiples aspectos da complexidade dos procesos didácticos establecidos para a formación das persoas; doutra, toda unha serie ilimitada de posibilidades de aproximacións dirixidas a considerar, e analizar, as distintas achegas e os diversos resultados da capacidade creadora, así como as reformulacións estéticas en cada época e as súas circunstancias actuais no horizonte da globalidade; e, dende unha terceira, todo iso entendido dentro dese mundo fascinante da herdanza cultural acumulada ao paso da humanidade pola historia.

En relación coas artes plásticas, e mesmo tecnodixitais, apréciase unha desconexión co entorno mundial, que merece ser considerada. «O debate e a reflexión sobre cuestións da escena artística actual, dende a perspectiva de Galicia, interésanos e debemos planear con obxectividade e coa amplitude suficiente asuntos importantes para o profesional da arte e para el público, inmersos ambos os dous na sociedade globalizada dos comezos do século XXI

Galicia posúe o seu propio espazo artístico: artistas, historiadores, galerías, institucións, coleccionistas, e un público específico, con personalidade e peso no contexto peninsular. Baixo unha especial singularidade xeográfica, Galicia asómase dende o noroeste peninsular ao escenario internacional aínda dun xeito pouco activo. A que é que se debe esa curta interacción co exterior? Velaí un núcleo temático da meirande importancia.

En aparencia, o escenario internacional da arte, é un lugar aberto pero aí conflúen intereses diversos: artísticos, sociais, históricos, económicos, políticos. En que medida é que nos afectan? Cabe matinar na necesidade de superar fronteiras invisíbeis, pero reais; para iso é necesario o coñecemento da realidade que move toda esa complexa maraña, non sempre ao alcance do propio mundo da arte.

Polo que se refire á arte popular, cómpre chamar a atención verbo dos conceptos da etnografía como ciencia que estuda e describe as razas e os pobos. Galicia ofrece na etnografía múltiples e curiosos materiais verdadeiramente típicos e dunha variedade incalculábel, como son as variedades das vivendas, da indumentaria, os útiles caseiros, os aparellos da labranza, da música, os cantos e cantigas populares e típicas, os aparellos auxiliares do traballo agrícola, os característicos teares rurais, que fixeron afamados os liños galegos nos pasados séculos e outros milleiros de obxectos que forman a vida dos nosos antepasados, como agora triunfan os encaixes que trenzan as palilleiras de Muros, Noia, Muxía e Camariñas.

A interpretación da olería tradicional non representa unha tarefa doada para cantos vivimos afastados da área territorial e cultural en que esa materia se elabora. Herbert Read define a olería «como a máis sinxela e a máis difícil das artes. Por tratarse da máis elemental e ao mesmo tempo abondo abstracta».

Na manufactura oleira actual quedan abertas, sen dúbida, moitas interrogantes; entre outras, a vixencia das formas tradicionais zonais, a súa pureza ou deturpación, a difusión de mimetismos de importación e unha creatividade trivial para consumo turístico.

En relación co apartado referido á Educación, semella de marcado interese reflexionar sobre a necesaria conveniencia do ensino dos valores cívicos e democráticos. E non nos detemos en consideración específicas, xa que que debe constituírse, como xa dixemos, en sección autónoma.

Polo que se refire á Literatura, queremos sinalar algúns temas para o diálogo/debate que consideramos de interese. Son os seguintes:

– Literatura e poder (editorial, económico político…).
– Literatura e mercado.
– Literatura de autor / literatura de editor.
– Arredor do medrante hibridismo nas artes. Intertextualidade, parodia, orixinalidade (falta de)…?
– Literatura e (Pos)modernidade: impostura, burocratización, banalización, alienación…
– Que literatura demandan estes tempos?
– Creación literaria: liberdade, censura, autocensura…
– A nosa literatura vista dende o exterior.
– Cal é o destinatario real da nosa literatura?
– Quen controla realmente o sistema literario? Quen canoniza? Quen se beneficia?
– Literatura de minorías /literatura de masas
– Os medios de comunicación e a literatura
– A nosa literatura e a de outras nacións europeas sen Estado.

Temos, pois, diante da nosa curiosidade intelectual o campo aberto das directrices aplicadas ao cultivo e a transmisión académica de coñecementos, e, de par, o mundo plural da creación artística, nunha vertebración evolutiva co conxunto dos padróns de comportamento, crenzas, coñecementos, lingua, tradicións e costumes que caracterizan e configuran o substrato cultural dos pobos. Agora só fica o necesario e imprescindíbel debate.


SOCIEDADE CIVIL

Coordinador: Javier Caro García

A complexidade das nosas formas de organización política e social e as diferentes maneiras de ver, interpretar e explicar o mundo convértense nunha fonte inesgotable de temas para a reflexión, a discusión, o debate, o diálogo e porque non, tamén o acordo.

A sociedade civil debe recorrer a varias disciplinas para entender o noso mundo. Así, unha mirada filosófica pode axudarnos a buscar os fundamentos e as aplicacións prácticas que nos axuden a desenvolver o pensamento crítico; a Economía é imprescindible para entender os fenómenos sociais e políticos e é un instrumento fundamental para deseñar o futuro; coas Ciencias xurídicas trataremos de defender os nosos dereitos e liberdades; a Historia pode axudarnos a explicar a nosa realidade contemporánea; e, quizais, as investigacións sociolóxicas poidan aportar as razóns da desigualdade social.

 

Presentación

Xunta Directiva

Estatutos

Seccións

Compostela

Ciencia, Tecnoloxía e Medioa Ambiente

Sociedade da Información

Arte, Educación e Cultura

Sociedade Civil

    Catálogos

    • Biblioteca do Ateneo
    • Videoteca Ateneo

    Cultura na casa

    • Afundación
    • Compostela Xeoliteraria
    • Consello da Cultura Galega
    • Exposicións
    • Fundación Catedral de Santiago
    • Mapa literario de Compostela
    • Museo do Pobo Galego
    • Museos de Galicia
    • Museos españois e do resto do mundo
    • Visita virtual á Biblioteca de Galicia

    Ligazóns

    • A.D.O.C.
    • Ateneo Atlántico de Vigo
    • Ateneo de Moaña
    • Ateneo de Ourense
    • Ateneo de Pontevedra
    • Ateneo Ferrolán
    • Ateneo Santa Cecilia de Marín
    • Axenda cultural Concello
    • Centros Socioculturais Santiago
    • Compostela Cultura
    • Coro Asubío
    • NUMAX

    Blogs

    • Ateneo Fotográfico
    • De libros e outros artefactos
    • El Compostelano
    • Paseando por Lugo
    • Paseante silencioso
    • Paulo Antón
    • Walking with Zinnia
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
Copyright © 2011 Ateneo de Santiago,

Designed by Football Highlights and supported by Suv, Viagens Baratas, Trucks - Like this design? Get it now.