O luns 15 de xaneiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago inaugurará o CICLO DE CONFERENCIAS DO DÉCIMO ANIVERSARIO “En clave de futuro – 10 anos do Ateneo de Santiago” na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela. Neste caso está programada unha conferencia organizada pola Sección Sociedade da Información titulada “Cando a Seguridade se converteu en Ciberseguridade”, que estará impartida por Ramsés Gallego, especialista en seguridade tecnolóxica.
Ramsés Gallego Iglesias é Licenciado en Ciencias Empresariais e Dereito e posúe unha carreira de máis de 20 anos nas áreas de Goberno TI e Xestión do Riscos. Na actualidade é Strategist & Evangelist para a oficina do CTO en Symantec dende onde define e executa a visión e estratexia da compañía en materia de Seguridade. Recentemente tivo un rol similar en Dell Security durante 5 anos e en CA Technologies durante 8 anos e foi Regional Manager de SurfControl, en ambos casos con responsabilidade en España e Portugal. Foi Director Xeral de Entelgy Catalunya e Chief Strategy Officer de seguridade e participou no Comité de Certificación CISM e CGEIT de ISACA durante varios anos. Foi Presidente da Conferencia ISRM (Information Security & Risk Management) para todo o mundo con eventos nas Vegas, Ámsterdam, Viena e Barcelona. Posuidor de varias certificacións de alto valor como CISM (Certified Information Security Manager), CGEIT (Certified in the Governance of the Enterprise IT) ou CISSP (Certified Information Systems Security Professional), tamén obtivo unha das primeiras certificacións en España de coñecemento de seguridade na nube, CCSK (Certificate of Cloud Security Knowledge). Do mesmo xeito, está acreditado en xestión, posúe a certificación de xestión de proxectos da Universidade de Stanford (SCPM, Stanford Certified Project Manager) e é un profesional acreditado Six Sigma Black Belt. Recibiu o galardón John Kuyers Award como ‘Best Speaker’ de ISACA ademais de recoñecementos similares en catro continentes.
comment closed