O luns 28 de xaneiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Rosalía de Castro: en busca da biografía perdida”, que estará impartida por María Xesús Lama, Profesora de Literatura Galega na Universitat de Barcelona.
María Xesús Lama estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios da Bretaña pola literatura galega contemporánea. Na actualidade é profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Barcelona e colabora habitualmente en diversas revistas literarias. As súas áreas de investigación céntranse na interrelación entre o proceso de construción nacional e a literatura en Galicia e nas súas publicacións aborda a vida e obra de Rosalía de Castro como escritora fundacional da literatura galega, o tratamento literario da orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. É autora de traducións do alemán e do inglés ao galego así como das obras «O celtismo e a materia de Bretaña en la literatura gallega: hacia la construcción de un contradiscurso histórico de ficción en la obra de Xosé Luís Méndez Ferrín» e «Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)», Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Ensaio do ano e Premio Nacional de Ensaio 2018.
comment closed