O sábado 16 de marzo terá lugar a antepenúltima etapa do Camiño de Inverno, que organiza o Real Aeroclub de Santiago, á cal os socios do Ateneo se poden sumar nas mesmas condicións que os do Aeroclub, en virtude do convenio de colaboración asinado entre ambas as dúas entidades. É a última das etapas máis alonxadas na que se necesitará durmir fóra, de Pumares a Vilamartín de Valdeorras, con saída de Santiago o día 15 de marzo, venres, e o desenvolvemento da andaina o sábado, 16 de marzo (20,6 Km).
PROGRAMA:
Saída o venres 15 de marzo ás 19.00h en autobús da Rúa da Rosa para aloxarse e cear no Hotel Pazo do Castro, en O Barco de Valdeorras.
Sábado 16 de marzo, despois do almorzo buffet, saída do hotel arredor das 9.30h para dirixirse en autobús ata Pumares, lugar de inicio das diferentes etapas.
- Etapa completa: desenvolverase entre Pumares e Vilamartín de Valdeorras (20,6 km). Comezo ás 10.00h. Ao finalizar, o autobús recollerá ao grupo ás 14.15h para ir xantar.
- Etapa curta: comezará á mesma hora e lugar, en Pumares, e rematará en O Barco de Valdeorras (13,4 km). O autobús recollerá ao grupo arredor das 14.00h.
Comida, aproximadamente, ás 14.30h, en O Pazo do Castro en O Barco de Valdeorras. Menú:
- Fabas pintas de Tierraseca estufadas con chipiróns e setas
- Carrilleiras de corzo con froitos vermellos e patacas gratinadas.
- Sobremesa: filloa rechea de crema de castañas.
- Viño/Refrescos/Augas/Cervexa e Café.
- Prezo do menú: 21,50 euros por persoa (aboaranse directamente no restaurante).
Regreso, despois de comer, a Santiago de Compostela, estando prevista a chegada aproximadamente ás 19.30h da tarde.
Inscricións: en recepcion@aerosantiago.es ou nas oficinas do Real Aeroclub en Xeneral Pardiñas nº 34, antes do luns 11 de marzo ás 14h. Lembramos que o horario das oficinas de Xeneral Pardiñas é os luns de 17.00 a 20.00h e os xoves de 10.00 a 14.00h.
Prezo:
Aloxamento, almorzo, cea e transporte: 88,50€ por persoa, en habitación dobre (en habitación de uso individual o prezo será 116€ por persoa).
Forma de pagamento: nas oficinas de Xeneral Pardiñas no momento da inscrición ou mediante transferencia bancaria na conta ES13 2080 0300 8030 4009 0509. Unha vez feita a transferencia, deberase enviar unha copia do xustificante vía mail a recepcion@aerosantiago.es.
Gastos de cancelación:
Todas as cancelacións que se produzan pasadas as 14.00 horas do mércores, 13 de marzo, terán un cargo do 100%.
RECOMENDACIÓNS
- Dispoñer de boa información de previsión meteorolóxica para adecuar o equipo.
- Equipo de roupa e calzado adecuados á ruta. O calzado é moi importante, debe estar “afeito ao pé”, que teña una sola grosa, que suxeite o nocello e que sexa IMPERMEABLE.
- Bastón de trekking, que axudará a reducir a fatiga e será moi importante para apartar a maleza.
- Comezar a ruta ben alimentados sen esquecernos de levar bebidas e algo lixeiro e enerxético para tomar durante a marcha.
- As gafas de sol, luvas e sombreiro poden ser moi importantes en función da climatoloxía.
- A mochila facilitará a andaina e será fundamental para reciclar residuos, debemos ser moi respectuosos co medio ambiente coidando sempre a flora e a fauna.
- É moi recomendable dispoñer dun bo equipo de ROUPA IMPERMEABLE.
comment closed