O martes 23 de abril ás 17.30h na biblioteca do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) terá lugar unha nova sesión do Club de lectura na que se comentará o final da obra La vegetariana de Han Kang.
Xornalista e escritora surcoreana, Han Kang naceu na cidade de Gwanju en 1970. Pasou a maior parte da súa infancia nesta cidade antes de mudarse coa súa familia a Seúl. Estudou letras na Universidade Yonsei e, tras a súa graduación, comezou a escribir para medios como Samtoh ou Publishing Journal, ademais de empezar a publicar os seus primeiros contos e relatos curtos. Debutou en 1995 con El amor de Yeosu e continuou con libros importantes para a súa carreira como La vegetariana, obra composta por tres contos (“La vegetariana”, “La mancha mongólica” e “Los árboles en llamas”), co que gañou en 2016 o prestixioso premio Man Booker International Prize.
En La vegetariana Yeonghye é unha muller aparentemente normal, nova, sen maiores virtudes ou defectos. Unha noite, sen ningunha actitude previa que fixera supoñer un cambio no su carácter, o seu marido encóntraa na cociña tirando ao lixo toda a carne almacenada no conxelador. Cando el a increpa polo que está facendo, ela dille que tivo un soño e que abandonará a inxesta de carnes. A súa determinación é absolutamente radical e irrevocable pero o marido e a familia non están preparados para esta decisión nin para a transformación que comeza a xestarse en Yeonghye a partir dese momento.
Lembramos que esta actividade ten un prezo de 15€/trimestre, a aboar en outubro, xaneiro e abril (todas as achegas realizadas ás entidades sen ánimo de lucro declaradas de utilidade pública teñen deducións na declaración do IRPF). A día de hoxe as prazas ofertadas atópanse cubertas polo que aqueles que queiran participar poderán inscribirse nunha listaxe de agarda no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com.
comment closed