O luns 27 de maio ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Pequenos satélites dende Galicia e a revolución do Novo Espazo”, que estará impartida por Guillermo Lamelas, Conselleiro Delegado de Alén Space.
Un paseo pola historia e evolución dos satélites, as súas características e usos, dende os seus inicios ata a actualidade. Veremos que se coñece como a revolución Novo Espazo e cales son as súas implicacións. Finalmente analizaremos o rol de Galicia en dita revolución, pasado, presente e futuro.
Guillermo Lamelas naceu en Ferrol en 1974. Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Master en Administración de Empresas por INSEAD (Bolseiro da Fundación Barrié), desenvolveu practicamente toda a súa carreira laboral en compañías do ámbito tecnolóxico. Afincado en Vigo dende pouco máis de un ano, estudou e traballou en Finlandia, Francia, Singapur e Suíza. A maior parte da súa carreira transcorreu en Madrid en varias compañías do Grupo Telefónica, en áreas de operacións, tecnoloxía e finanzas, e entre 2012 e 2017 na aceleradora de startups Wayra, formando parte do equipo que a puxo en marcha, como responsable global dos programas de aceleración de startups. Apaixonado da tecnoloxía e o emprendemento, en xaneiro de 2018 lanzou Alén Space, unha prometedora startup, da que é Conselleiro Delegado, que dende Galicia revoluciona o mundo do espazo, ofrecendo solucións de negocio extremo a extremo, fiables e asequibles, baseadas en pequenos satélites.
comment closed