O venres, 25 de outubro, os Ateneos de Galicia volverán reunirse tras os acordos acadados na última xuntanza, celebrada o pasado 14 de xuño na cidade de Ferrol.
Nesta ocasión a quenda é para o Ateneo Atlántico de Vigo, que acollerá na súa cidade a membros das directivas dos Ateneos de Santiago, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Marín e Moaña, nunha sesión de traballo que comezará ás 16.30 horas no Espazo Cubo, lugar de xutanzas do Ateneo Atlántico, onde se tratará, entre outros puntos, o debate e aprobación dos Estatutos da Federación Galega de Ateneos.
O punto de encontro terá lugar ás 12.30h para realizar unha visita guiada ao Museo Marco de Vigo e, a continuación, ás 14.15h, o xantar de confraternidade.
comment closed