Tratáronse os seguintes puntos e acadáronse os seguintes acordos:
1. Apróbanse os proxectos de orzamentos ordinario e extraordinario e as súas correspondentes memorias para levar á Asemblea extraordinaria convocada para o 21 de decembro e someter á aprobación da mesma.
2. Dase conta das xuntanzas mantidas coa Deputación e co Concello para solicitar financiamento para as actividades do Aniversario e infórmase da realización dunha reunión para este mesmo fin co Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo o vindeiro 9 de xaneiro, á cal acudirán o Presidente Salvador García-Bodaño, o Secretario Francisco Candela e os Vogais José Manuel González Herrán e Xosé Ramón Pousa.
3. Dase conta das xuntanzas mantidas co Consorcio e a Deputación polas tres entidades do edificio onde se sitúa o local social co obxecto de solicitar financiamento para a instalación dun ascensor e infórmase da futura reunión co Concello para este mesmo fin o día 18 de decembro, á cal acudirá o Tesoureiro Antón Porteiro.
4. Dase conta dunha xuntanza mantida por Francisco Candela e Xosé Ramón Pousa con Luis Miguel Vázquez Carreira, Subdirector Xeral de Maiores da Consellería de Política Social para conseguir financiamento para actividades específicas para persoas maiores de 65 anos. Acórdase presentar a solicitude para unha proposta concreta.
5. Confírmanse as seguintes actividades para o primeiro trimestre de 2018 (quedando pendentes da súa confirmación na xuntanza de coordinación):
15 de xaneiro. Conferencia da Sección Sociedade da Información impartida por Ramsés Gallego.
22 de xaneiro. Conferencia da Sección Sociedade Civil impartida por Carlos Cruzado.
23 de xaneiro. Presentación do libro El futuro de la Sanidad en España de José Martínez Olmos. 20h. Salón de Actos da Facultade de Medicina. Participantes: Julián Álvarez Escudero, Decano da Facultade de Medicina, e o Doutor Romero. Entregaranse exemplares do libro a todos os asistentes ata un máximo de 200.
5 de febreiro. Conferencia da Sección de Ciencia impartida por Arsuaga.
5 de marzo. Conferencia impartida por Álvarez Junco.
Conferencia sobre o códice impartida por Pepe Carro.
6. Decídese derivar á xuntanza de coordinación de actividades unha proposta presentada por Carlos Pajares.
7. Acórdase cobrar as vindeiras cotas de socio os días 2 de xaneiro e 1 de xullo.
8. Valórase a substitución na Xunta Directiva da Vogal Marisa González Seoane ante a imposibilidade de realizar as súas funcións por traslado de domicilio. Acórdase manter a vacante sen cubrir ata o mes de abril, momento en que expira o mandato da actual directiva e se levarán a cabo eleccións.
9. Danse de alta tres socios e de baixa un.
comment closed