1. Constátase que, no prazo establecido pola normativa electoral aprobada na Asemblea ordinaria de socios do día 18 de marzo, só se presentou unha candidatura ás eleccións á Xunta Directiva.
2. Compróbase que a candidatura presentada está formada polos seguintes socios:
Presidente: Don Salvador García-Bodaño Zunzunegui
Vicepresidente: Don Manuel López-Rivadulla Lamas
Secretario: Don Francisco Candela Castrillo
Tesoureiro: Don Antón Porteiro Lago
Vogais: Dona Pilar Sampedro Martínez
Don Xosé Ramón Pousa Estévez
Dona Marisa González Seoane
Don José Manuel González Herrán
Dona Marina Luisa Somoza Quiroga
3.- Confírmase que todos os membros desta candidatura cumpren os requisitos establecidos polos Estatutos da Entidade así como pola normativa electoral para a súa presentación.
4.- Segundo establece o apartado 3ºb da normativa, acórdase dar por concluído o proceso electoral e trasladar a candidatura á consideración da Asemblea xeral extraordinaria para a súa elección.
5.- A proposta da Xunta Directiva, acórdase fixar a Asemblea xeral extraordinaria para o luns 27 de abril, cos seguintes horarios:
19h. Constitución da mesa electoral.
Votacións ata as 19.45h.
19.45h. Escrutinio
comment closed